O selo discográfico alternativo PORNO bota o fecho

A iniciativa nacera en 2013 desde Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O selo discográfico alternativo PORNO bota o fecho

Logo de tres anos de actividade, o proxecto de edición alternativo ourensán PORNO bota o fecho. Os propios membros da iniciativa realizan o anuncio no seu web e repasan, nunha longa entrevista a ShookDown Underzine a historia desta iniciativa e súa visión sobre a escena underground galega. O selo publicou desde 2013 traballos de bandas como Uppercut, Avecrem, Monstruo, Uzumaki, Wozzyow ou Montaña Muerte, publicou o seu propio fanzine (a Revista PORNO) e participou e organizou diferentes eventos e concertos a se constituír nun dos referentes da escena musical alternativa do noso país.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense

Claves

Lugares