Underground discográfico

Discos Porno lanza desde Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de Discos Porno Vol. 1

Capa de Discos Porno Vol. 1

Os discos de Uppercut e Haecceidad e mais un compilatorio de bandas galegas son a carta de presentación de Discos Porno. Este selo, que se autodefine como DIY, nace desde Ourense coa intención de promover "bandas que nos gusten". Ademais da edición de discos, o proxecto está a traballar na edición dun fanzine (Revista porno) e está a organizar diferentes concertos. As vindeiras citas son hoxe mesmo, cun concerto de Uppercut no aparcadoiro da Escola de Imaxe e Son da Coruña e o vindeiro 31, cunha actuación de Orquesta Pánico + MODULOK TRIO en La Radio (Santiago).

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Escola de Imaxe e Son

Claves

Lugares