Unha cidade na que unha das prazas do seu casco vello leva por nome Los Suaves tiña que ter presenza nesta serie de reportaxes. AÃnda que hoxe non existe ningunha formación que se poida comparar a esta mÃtica banda de rock, existe unha actividade musical sostida na cidade, malia ser inferior á do litoral galego. Boa proba disto é a aparición, o pasado mes de abril, dun colectivo que actúa á vez de promotora de concertos e discográfica: Discos Porno.
Por que Ourense ten menos actividade musical que outras cidades galegas? Segundo Manuel Suárez, do colectivo Desconcierto Cultural, isto pódese deber a que a cidade queda fóra do eixe Coruña – Vigo, unido pola AP9, que tamén conecta Santiago e Pontevedra, sendo este un dos factores de que esa zona sexa a máis prolÃfica en canto a música se refire.
Un colectivo: Discos Porno
AÃnda asÃ, Ourense segue a ter actividade musical e boa proba disto é a aparición, o pasado mes de abril, dun colectivo que actúa á vez de promotora de concertos e discográfica: Discos Porno. Esta iniciativa nace no seo de grupos ourensáns que vÃan a necesidade de organizarse para promover na cidade a música que soa fóra dos circuÃtos de masas, tendo a súa inspiración nos colectivos vigueses de caracterÃsticas similares. AsÃ, entre as súas perspectivas de futuro está organizar concertos, preparar un festival no verán e facer tiradas limitadas en CD ou casete dos grupos que están soando na escena ourensá. Toda unha proposta que se basea na cultura DIY (Do it yourself, ou faino ti mesmo) que nos 90 golpeou a industria da música nos Estados Unidos.
Un dos cabezas desta iniciativa é David Soprano, quen á súa vez é guitarra e voz de Uppercut, un trÃo ourensán que optan polo rock instrumental, “xa que non temos nin voz nin estribillos”, apunta David, e Óscar Vázquez, baterÃa, engade: “moita xente móstrase sorprendida cando comentamos que non temos vocalista, como se fora imprescindible”. Deste xeito únense á corrente experimental que levan por bandeira grupos xa mencionados como Unicornibot (Pontevedra) e Lendrone (A Coruña), dos que se consideran fans absolutos.
Haecceidad e a filosofÃa
A finais do ano pasado, Uppercut sacaron o seu primeiro disco, de nome homónimo, co selo de Discos Porno, o mesmo que se encargou do debut de Haecceidad, outra das formacións experimentais emerxentes en Ourense, con nome de concepto filosófico. “A haecceidade é un concepto que varÃa segundo quen o interprete, como a nosa música. É o que nos fai únicos e individuais”, apunta Marcos, quen se encarga dos sintetizadores dunha formación definida como psicodelia experimental.
Ese traballo de debut recibiu o curioso nome de “Recordad: Almohadilla y Epitafio”, o cal ten a súa orixe nunha psicofonÃa, segundo explica Marcos: “o meu sampler recolleu interferencias radiofónicas cando estabamos no local de ensaio. Xusto cando rematamos de tocar soou esa frase. Foi divertido á vez que misterioso”. Ademais, o quinteto Haecceidad conta cun proxecto en común con Uppercut: a Orquesta Pánico, unha formación que ten a súa base na improvisación en directo e que leva a música por tódolos rincóns de Galicia, aceptando a quen queira involucrarse.
Formacións ao longo da provincia
Ademais das formacións citadas, existen ó longo da provincia de Ourense outras iniciativas musicais que son destacadas pola crÃtica. AsÃ, Nonito Pereira (coordinador de Mondo Sonoro en Galicia) apunta ós vellos Lamatumbá, que “rexurdiron das súas cinzas como O Sonoro MaxÃn”, ou Os Festicultores, do veciño concello de Allariz, xunto con formacións veteranas como Burgas Beat, “anteriormente coñecidos como Cosecha Roja”. Por outro lado, Manuel Suárez, de Desconcierto Cultural, sinala a Monstruo como outra das formacións emerxentes (cuxo membro Teo é outro dos promotores de Discos Porno, xunto con David de Uppercut) xunto coa iniciativa de Os Amigos dos Músicos, unha banda de folk americano cantado en galego.
Pero se o panorama predominante pertence ás formacións, tamén hai un oco para os solistas. Este é o caso de Emilio José, un cantautor que dende o seu pobo de Quins (concello ourensán de Melón) compuxo e grabou o seu primeiro traballo “Chorando Apréndese”, un disco dobre que se considera como “un dos traballos máis aplaudidos dentro do pop independente”, segundo apunta Javier Becerra, do blog Retroalimentación. Un eslabón máis que caracteriza ó panorama musical galego pola súa diversidade, aÃnda que hai quen opina que “toda Galicia ule a rock and roll”.