O Concello de Teo saca a concurso a súa residencia teatral

A compañía Chévere é a que actualmente desempeña este servizo

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Desenvolver un mínimo de 25 actividades anuais, traballar cos centros de ensino e as asociacións locais, artellar unha estrea anual ou achegar un mínimo de dez funcións propias cada ano. Estes son algúns dos requisitos que deben cumprir os grupos aspirantes a se converter en compañía teatral residente do Concello de Teo. O municipio publicaba esta semana a convocatoria do concurso público para este posto, que actualmente ocupa a compañía Chévere. O orzamento total para a iniciativa, que prevé un contrato de dous anos, é de 165.000 euros, dos cales o concello pon 35.000 en cada anualidade, mentres o resto dos ingresos corresponderán á venda de entradas.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Pasear a Galicia Chévere (I)

Pasear a Galicia Chévere (I)

As audioguías ficcionadas da compañía teatral permiten coñecer diferentes localidades dun xeito único

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Teo, Chévere, Asociacións, Ensino

Claves

Conceptos
Lugares