A USC conmemora a Manuel María cunha edición facsimilar

A Fundación do Autor organiza unha lectura pública da súa obra para o 23 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A USC conmemora a Manuel María cunha edición facsimilar

Os facsímiles de de dous cadernos e nove debuxos compoñen o volume que a Universidade de Santiago acaba de publicar en homenaxe a Manuel María. O libro, editado por Carmen Blanco García, recupera o caderno manuscrito autógrafo Poemas da luz resucitada, o caderno mecanoscrito Nenia por Aquilino Iglesia Alvariño e nove debuxos do autor ao que se lle dedica o Libro das Letras Galegas deste ano.

En paralelo, a Fundación Manuel María convocou para o vindeiro 23 de abril co título Manuel María, na túa voz unha lectura colectiva de textos do autor. Ferrol, Pontevedra, Lugo, Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense ou Lalín son algunhas das localidades que acollerán esta actividade, para a que se conta coa colaboración de entidades culturais e centros de ensino.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, USC, Carmen Blanco, Fundación Manuel María...