A diócese de Mondoñedo-Ferrol recibe a biblioteca de Aquilino Iglesia Alvariño

Irá destinada ao Seminario de Santa Catalina

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Aquilino Iglesia Alvariño

Aquilino Iglesia Alvariño

A diócese de Mondoñedo Ferrol recibe os 2.000 exemplares que conforman a biblioteca de Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961), un destacado poeta en lingua galega que se iniciou no galeguismo e un dos responsables da recuperación literaria do galego no franquismo, coa publicación en 1947 en Vilagarcía de Arousa de Cómaros verdes e foi homenaxeado en 1986 co Día das Letras Galegas. A doazón foi feita polo fillo do escritor, Aquilino Iglesia Ferreirós. A biblioteca custodiarase no Real Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo. Dase a circunstancia que a diócese tamén acolleu en Ferrol a biblioteca da escritora Julia Uceda en novembro de 2024.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondoñedo, Ferrol, Seminario de santa Catalina, Día das Letras Galegas...