Luís Davila e Carlos Blanco recuncan con Menú da noite

A montaxe ten datas confirmadas en Vigo, Ourense, Pontevedra e A Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Luís Davila e Carlos Blanco recuncan con Menú da noite

Logo do éxito do seu Menú do día, o actor Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila renovan a súa colaboración con Menú da noite. A seguir a fórmula do primeiro, o novo espectáculo combina as ilustracións de Davila ao vivo coas historias que narra Blanco, a derrochar grandes doses de humor sobre a nosa realidade máis próxima. Neste novo formato, o dúo asegura elaborar caldo ao vivo e inclúe un número de danza entre outras novidades. Animación, sachos e claqué combinan nesta montaxe que, logo dunha preestrea na Illa de Arousa, comezou xira en Vilagarcía o pasado día 2. Outras datas confirmadas son o 23 de abril en Vigo, o sete de maio en Ourense e o oito en Pontevedra e mais o 17 e o 18 de xuño na Coruña.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un todoterreo branco

Un todoterreo branco

O actor Carlos Blanco prepara un novo espectáculo co debuxante humorístico Luis Davila

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Blanco, Luís Davila, A Coruña, Pontevedra...