Logo de bater marcas de público co seu Somos criminais, Carlos Blanco e Xosé Touriñán voltan á carga e pasan directamente á terceira parte do espectáculo. O auditorio da Illa de Arousa acolle este 4 de decembro a estrea de Somos criminais 3, unha montaxe na que o dúo "analiza Galicia e os seus habitantes para saber como somos e para saber por que somos como somos". No ronsel da anterior proposta, a obra alterna monólogos a dous con sketches, que se complementan nesta ocasión con pantallas e elementos de refugallo como atrezzo.
No canto de percorrer casos criminais famosos acontecidos en Galicia, a nova montaxe abordará cuestións como "somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Temos unha maneira propia de ser e de estar? Somos diferentes, somos parecidos ou somos iguais aos demais? Son certos os tópicos que hai sobre nós? É verdade que respondemos ás preguntas con preguntas? Non se sabe se subimos ou se baixamos?". Escenas como a reserva da última cea nun restaurante do paÃs, a excursión de dúas xubiladas galegas a Benidorm ou o emirato galego de 2050 con outras pezas que se inclúen na proposta.
Despois da Illa, o espectáculo visitará A Coruña entre os dÃas 6 e 8 de decembro e ten confirmadas datas en Ourense (10 e 11), Compostela (18 e 19), Narón (28 e 29), Vigo (7 e 8 de xaneiro), Lugo (14 e 15), Pontevedra (22 e 23), Burela (29 e 30), VilagarcÃa (4 e 5 de febreiro), Cangas (12) e Ferrol o dÃa 20.
A primeira parte de Somos criminais reivindicouse como o espectáculo máis visto da escena galega logo de vender 50.000 entradas na súa xira. A estas sumáronse aÃnda 10.000 persoas máis que seguiron o espectáculo na versión que se emitiu vÃa web en xuño de 2020.