Logo de preto dun ano de existencia, o Charenton Club Social de Vigo bota o fecho. Problemas de licenzas e a adecuación do espazo dificultaron nos últimos meses o desenvolvemento de actuacións musicais, sen as cales, segundo seguran os responsables, o proxecto resulta inviable. O espazo cultural autoxestionado chegou a contar con preto de 800 socios e desenvolveu unha axenda de máis de 150 actividades durante a súa existencia. A iniciativa enfÃa agora un último mes no que pretende desenvolver unha intensa actividade con mercadiños e actuacións para vender todos os bens posibles e reducir ao mÃnimo as perdas polo feche. O Charenton pretende continuar a súa actividade como asociación cultural con novas propostas.