AÃnda que a súa creación data de finais do pasado mes de decembro, foi onte que se presentaba ao público o Centro Cultural Daniel Vázquez GulÃas M. Esta entidade nace en Ourense coa intención de reivindicar e dar a coñecer o traballo do arquitecto que lle dá nome tanto a nivel galego como estatal. Como primeira actividade, presentouse un audiovisual sobre esta figura realizado por Mani Moretón con música de Daniel Minimalia. Malia ao seu nome, este proxecto non conta cunha sede aberta ao público e funciona como unha asociación que busca estudar a obra deste creador e dar a coñecer uns traballos que en moitos casos están en situación de esquecemento. Lucila Vázquez GulÃas, neta do arquitecto, preside a iniciativa.