O mundo escénico galego apoia os titiriteiros detidos en Madrid

Compañías, creadores e asociacións do sector emiten comunidados pedir a súa liberación

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

A detención a pasada semana de dous titiriteiros en Madrid por suposta apoloxía do terrorismo nunha representación está a acadar un importante eco no nos país. As principais asociacións escénicas, así como compañías de títeres e profesionais do sector están a publicar nos últimos días comunicados nos que se solidarizan cos detidos e reclaman a súa posta en liberdade inmediata. Entre os máis recentes, a Asociación de Guionistas de Galicia e, hoxe mesmo, un colectivo que asinan Escena Galega, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, a Asociación de Festivais de Artes Escénicas, a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Guionistas, a Asociación de Directores realizadores de Galicia (Crea) e mais a Unión de Marionetistas de Galicia.

Antes ca eles outros colectivos como a Asociación Morreu o Demo, Títeres Tanxarina ou a Asociación Xente Titiriteira, responsables do Festival de Títeres de Ribadavia, amosaron a súa oposición ao encarceramento dos dous acusados. Tamén Cándido Pazó comunicou nas redes sociais a súa repulsa a esta detención.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Asociacións, Artes Escénicas, Asociación de Actores e Actrices de Galicia...