Dúas novas exposicións enchen as salas do MARCO

O centro inaugura esta tarde cadansúa mostra de María Luisa Fernández e de June Crespo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
María Luisa Fernández. Sen título, 1984.

María Luisa Fernández. Sen título, 1984.

As salas do baixo e o anexo do Museo de Arte Contemporánea de Vigo estrean ás 19 horas desta tarde novas exposición. O centro acolle ata o 17 de abril Kanala, de June Crespo, un proxecto no que a creadora aborda a canle artificial en relación aos condutos do corpo. A fabricación de pezas de cerámica de Gundivós serve como eixe para tratar a cuestión do tránsito e da fabricación. En paralelo, e ata o 29 de maio estará aberta je, je… luna, unha retrospectiva de María Luísa Fernández na que se relacionan esculturas, debuxos e
instalacións producidas entre 1979 e 1997.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)