Bea a de Estrella debuta en Mar de fóra

A cantautora de Culleredo presenta once temas no seu primeiro álbum

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Bea a de Estrella debuta en Mar de fóra

Once cancións en galego e en castelán sérvenlle de presentación a Bea a de Estrella. A cantautora de Culleredo autoedita Mar de fóra un proxecto no que integra sons cubanos, toques de blues e de jazz e achegamentos ao pop con letras líricas e persoais. A artista achégase tamén á experimentación sonora con toques folk no recitado de O Mar, e o volume achega parte das súas vendas á Asociación Galega de Afectad@s e Familiares de Acondroplasia, á que tamén está dedicado o tema Mi punto de vista. A xira de presentación, que comezou o pasado mes de decembro, non ten aínda datas confirmadas para os vindeiros meses.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culleredo, Pop, Blues, Jazz...

Claves

Conceptos
Lugares