Alba Messa estréase na longa duración Con todas las consecuencias

A artista luguesa presenta once temas no seu novo álbum

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Alba Messa estréase na longa duración Con todas las consecuencias

Bases electrónicas, produción coidada e letras moi persoais compoñen Con todas las consecuencias, primeiro álbum da cantante luguesa Alba Messa. A autora corre coa composición dos once temas dun disco autoeditado no que aborda temas como o amor, a relación cos animais ou a vida en xeral. Manu Chalud, Sasha Pantchenko ou Josh Tampico participan como produtores neste proxecto, do que acaba de ver a luz o primeiro vídeo, Será Será. Messa comezaba a pasada fin de semana en Lugo a xira de presentación, con datas confirmadas en Zaragoza, Valencia e Madrid para o vindeiros meses.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Zaragoza, Lugo, Valencia, Madrid...