Unha 'Mareira' de sons e palabras

Bea A de Estrella prepara un proxecto de libro disco no que reúne voces literarias e musicais

| Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:
Bea A de Estrella

Bea A de Estrella

A cantautora Bea A de Estrella lanza o seu proxecto Mareira, que toma o seu nome dun mar axitado e no que se mesturan diferentes formas de expresión artística ao redor da música. A coruñesa ven de abrir unha campaña para levar a cabo a edición dun libro disco e produción dun vídeo no que xa conta coas colaboracións, ben na parte musical ou na literaria, de nomes como Pablo Milanés, Rosa Aneiros e Yolanda Castaño entre outros. O novo proxecto da cantautora de Culleredo volve ofrecer na parte musical melodías de son cubano, tango, notas de blues, jazz, pop e a fusión do son máis tradicional con outros estilos e letras líricas moi persoais, como xa fixera no seu primeiro traballo discográfico, Már de fóra (2016). Neste caso ademais engade a poesía e a narrativa grazas a esoutras dúas mulleres, Aneiros e Castaño para publicación desta 'Mareira' en busca de financiamento popular que será libro-disco e un vídeo, e que tamén conta coas voces de coñecidos artistas da escena coruñesa coma Paris Joel, Tato López, César de Centi, Emilia Arija ,Inés Suárez, Taté Morales ou Montse Candal e os arranxos de Tato López na parte musical. Outras colaboracións incidirán na parte gráfica do proxecto a través do deseño, a ilustración e a fotografía.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Rosa Aneiros, Yolanda Castaño, Blues...