Un proxecto autoeditado e autoproducido, no que a autora desenvolveu mesmo o deseño gráfico. Esta é a proposta de MJ Pérez para A luz prendida o seu cuarto álbum (segundo de estudio) que saÃu á venda este 1 de marzo. A cantautora presenta quince temas nos que amplÃa o seu rexistro musical a explorar ritmos latinos, toques folk ou orientacións cara á música do mundo, indo para alén do seu pop-rock máis habitual.
O álbum, gravado nos Drum & Roll Studios, recolle tamén o single Vai embora!, primeiro tema cantado en portugués de Pérez. Metais, cordas e percusións combÃnanse coa aposta por letras persoais e comprometidas nun proxecto no que "a luz, en todas as súas formas, actúa como concepto transversal. Temas independientes entre si pero con conceptos cruzados que van tecendo un fÃo ao longo do disco que une todas as cancións no seu total", segundo explica o texto de presentación.
O concerto de presentación do novo proxecto desenvolveuse na Feira do Queixo de Arzúa este 1 de marzo. A xira continuará o vindeiro dÃa 12 no CÃrculo das Artes de Lugo, o 14 na V Feira do Disco e Libro Galego de Monterroso, o 29 na Sala Capitol de Compostela e o 18 de abril en Ribadeo.