Un concerto reclama a continuidade da Temporada Lírica

Vinte artistas galegos actúan esta noite no Teatro Rosalía de Castro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Coas entradas esgotadas preséntase o recital que unha vintena de artista galegos darán esta noite para reclamar a continuidade da Temporada Lírica da Orquestra Sinfónica de Galicia. O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle esta noite a representación na que nomes como Borja Quiza, Javier Franco, Luis Cansino, Pedro Martínez, Eliseu Mera e Axier Sánchez, María José Moreno, Patricia Rodríguez, Carmen Subrido, Victoria Álvarez, Nuria Lorenzo,Francisco Pardo ou Alberto Miguélez cos pianistas Ludmila Orlova e Manuel Burgueras interpretarán fragmentos de óperas, zarzuelas e cancións. No transcurso do recital daranse a coñecer os múltiples mensaxes de apoio que persoeiros da lírica internacional fixeron chegar a prol da continuidade deste programa.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Teatro, Orquestra Sinfónica de Galicia, Teatro Rosalía de Castro da Coruña