Este 26 de marzo a sede da Fundación RosalÃa en Padrón acolle a presentación de RosalÃa Cantada (vol. 1 Música clásica). O barÃtono Eliseu Mera e o pianista Cándido Cabaleiro interpretarán ao vivo os temas desde traballo discográfico, nos que recrean pezas realizadas por compositores clásicos e contemporáneos como Xoán Montes, Xosé Baldomir, Antón GarcÃa Abril, Juan Durán, Octavio Vázquez e Fernando Buide a partir da obra de RosalÃa de Castro.
O álbum, xa dispoñible en plataformas dixitais, conta cun total de doce poemas musicados na forma de lieds ou cancións cultas, unha forma moi popular desde o século XIX no que se procura a unión entre voz e piano a interpretar poesÃa e música. Segundo apunta a Fundación, promotora desta iniciativa "a maior parte destas pezas rosalianas non están gravadas ou aparecen rexistradas de maneira dispersa".
O traballo foi gravado ao vivo o pasado 14 de novembro no Auditorio de Galicia, da man do enxeñeiro de son Pablo Barreiro. O proxecto conta co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia, e mais do do Concello de Santiago, o Concello de Valga e a Radio Galega.
Segundo explica a Fundación RosalÃa, este é só o primeiro álbum dun proxecto que pretende "reunir e poñer a disposición do público galego (e non só) a obra musical creada a partir dos poemas rosalianos, sobre todo no caso da música clásica, dado que a maiorÃa das pezas non están gravadas ou aparecen rexistradas de maneira dispersa".