Sarria acollerá a primeira mostra dedicada ao Novo Cinema Galego

A I Escolma de Cinema Galego celébrase entre o 26 e o 28 de febreiro

1/2/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Pendente aínda de fechar o seu programa, Sarria acollerá entre os vindeiros 26 e 28 de febreiro a primeira mostra audiovisual que se organiza no noso país dedicada integramente ao Novo Cinema Galego. Alberte Branco coordina a I Escolma de Cinema Galego, un proxecto que nace da man da concellaría de Cultura co apoio da Deputación e que pretende visibilizar unhas creacións que a miúdo fican fóra dos circuítos de distribución convencionais. Ademais de proxeccións, o evento prevé programar mesas redondas e actividades paralelas.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Sarria

Claves

Conceptos
Lugares