As mulleres protagonizan a IV Escolma de Cinema Galego de Sarria

O encontro proxectará pezas de Ana Domínguez, Anxos Fazáns e Diana Toucedo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
As mulleres protagonizan a IV Escolma de Cinema Galego de Sarria

Do vindeiro 22 ao 24 de febreiro Sarria celebra a súa IV Escolma de Cinema Galego. A tarde do sábado 23 concentra as proxeccións cun importante protagonismo das cineastas do país. Os fillos da vide, de Ana Dominguez, A estación violenta de Anxos Fazáns e mais Trinta lumes de Diana Toucedo centran a xornada, coa presenza das dúas últimas directoras. No día 22 proxectaranse as pezas que desenvolveu o alumnado do IES Xograr Afonso e do IES Gregorio Fernández no marco dun obradoiro con Anxos Fazáns. Tres pezas de Adrián Canoura (Salitre nas Veas / O porco e o seu espírito / Caerán) na sesión vermú do mesmo día e mais un concerto de Baiuca con proxeccións do mesmo autor completan o programa desta xeira.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Anxos Fazáns, Sarria, Diana Toucedo...