O audiovisual do país cítase na Escolma de Cinema Galego de Sarria

Poderán verse sete producións o vindeiro 24 de febreiro

15/2/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Unha selección cos filmes de produción galega máis recoñecidos do último ano é o que achega a terceira edición da Escolma de Cinema Galego de Sarria. A Casa da Cultura da vila acolle este 24 de febreiro as proxeccións de Dhogs, Esquece Monelos, Matria, Paisaxes da Capelada de Alberto Lobelle, A Rapa das Bestas de Jaione Camborda, Qviasma de Tono Mejuto e M. (Manuel Moldes Pontevedra Suite 1983-1987) de Ángel Santos. A cita é unha ocasión única de contemplar filmes que a miúdo teñen moi pouca distribución na carteleira tradicional.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Sarria, Jaione Camborda, Ángel Santos...