Arrincou Escenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción. O primeiro espectáculo é da compañÃa alemá Rimini Protokoll, que levará o seu concepto de teatro de acción a once fogares de Compostela.‘Europa na casaÂ’, de Rimini Protokoll, será unha das catro estreas en España que Escenas do Cambio 2016 ofrecerá na primeira semana de festival. A obra da compañÃa alemá achegará o festival á cidade de Santiago, levando a representación ao salón dunha casa, onde o público se converterá en suxeito activo. Quince persoas ao redor dunha mesa protagonizarán esta perfomance que entrelaza historias persoais cos mecanismos polÃticos de Europa. Xunto con ‘Europa na casaÂ’, a primeira semana de Escenas do Cambio 2016 contará coa estrea mundial de ‘TijuanaÂ’, da compañÃa mexicana Lagartijas tiradas al sol. E catro estreas en España, entre elas, o ‘Don JuanÂ’ de Voadora, unha interpretación libre do mito de Molière que a compañÃa galega porá en escena da man de 25 voluntarios maiores de 65 anos e que supón unha das tres coproducións deste festival da Cidade da Cultura. Xunto ao ‘Don JuanÂ’, estrearase ‘JaguarÂ’ de Marlene Monteiro Freitas e ‘ArchiveÂ’ de Arkadi Zaides. Para redondear esta semana inaugural, o Museo Centro Gaiás acollerá o sábado 30 a obra ‘Cedric AndrieuxÂ’ do recoñecido bailarÃn francés Jerome Bel.