A tradución de obras desde o galego supera os 1.500 títulos

O grupo Bitraga achega os últimos datos deste fenómeno nas nosas letras

28/1/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturalingua
25 lecturas | Compartido 0 veces
Nos últimos corenta anos un total de 4.603 obras foron traducidas desde e para o galego. Destas, nada menos que 1.540 foron traducións da nosa para outras linguas. O grupo Bitraga, da Universidade de Vigo, acaba de facer públicos os seus últimos datos sobre este fenómeno, e sinalan que se comezan a ver signos de normalidade en canto a incidencia da tradución nas nosas letras. Así, segundo sinala Iolanda Galanes, unha das reponsables do proxecto, "estamos no circuíto comercial e, aínda que non somos un mercado equiparable ao das grandes culturas, percibimos signos de normalidade. Iniciouse, aínda que de xeito tímido, o proceso de internacionalización". En canto á presenza de obras doutras linguas na nosa, a súa compañeira Ana Luna apunta que "a cantidade de textos literarios estranxeiros traducidos e aos que se ten acceso directamente en galego sen necesidade de pasar polo castelán é enorme".
Precisamente nese último apartado detectan unha evolución do mercado, xa que se durante os anos 80 e 90 a oferta concentrábase na versión de clásicos para o galego, a partir do 2000 comezou a se traballar a obra de premios Nobel, obras menores de grandes autores, tarballos de actualidade e mesmo de best-sellers.

Universo culturagalega.gal

13/01/2010

A luminosidade das letras

A Literatura Infantil e Xuvenil protagoniza as traducións desde o galego para outras linguas

09/10/2012

Pegada de tradución

A importancia do fluxo de obras traducidas desde e para o galego medra na nosa literatura

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Lugares