Publícase "Maiópolis", obra de Kiko da Silva e Miguel Anxo Robledo para CCOO.

Maiópolis nas tendas

Xa está na rúa "Maiópolis", unha BD realizada por Kiko da Silva e Miguel Anxo Robledo por encarga do sindicato Comisións Obreiras de Vigo.

"Maiópolis" narra a orixe mítica dos sindicatos nun mundo dominado por un dictador mecánico.
A publicación presentouse o día trinta na Casa das Artes de Vigo coa presencia de Kiko.
A tiraxe deste traballo será finalmente de dous mil exemplares, dos que seiscentos se distribuirán, polas mesmas canles de "Bd Banda" a librerías especializadas de todo o país. Outros mil douscentos distribuiranse a través do sindicato en venda directa e a través de centros de ensino. Finalmente outros douscentos exemplares serán distribuídos en diferentes salóns de BD. O prezo será de catro euros por vinteoito páxinas a toda cor cun deseño especial en forma de caixa que inclúe unha triple portada.


Kiko da Silva e Miguel Anxo Robledo están a traballar actualmente nunha historia na que se narra as aventuras e anécdotas que pasaron para realizar este álbum, o seu primeiro traballo conxunto. Sobre un guión de Kiko da Silva, Robledo esbozou as páxinas e Kiko fixo a arte final, acadando un resultado que há agradar a moitos.


Agardamos poder ofrecer en breve este traballo nesta mesma sección.

Portada de Maiópolis

Portada de Maiópolis

Cómic feito por Kiko da Silva e Miguel Anxo Robledo