Tras dez anos de existencia, o colectivo escoitar.org decidiu pechar a plataforma na que están almacenados 1252 sons recollidos por toda Galicia: desde a costa ao interior, desde espazos naturais abertos ata interiores. Nunha nota de despedida, escoitar.org afirma que tomaron a decisión "tras múltiples intentos de recadar apoios que fixeran sustentable o mantemento desta ferramenta, e non querendo resignarnos a que vague inerte e estéril como un cadaver dixital". Para pechar o sitio, escolleron un método ben orixinal: cada son que se escoite irá sendo borrado da base de datos.