Quiosco: Grial 208

A arte galega protagoniza a nova entrega da revista de Galaxia

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Quiosco: Grial 208

"Unha reflexión, oxalá que poida ser tamén debate, sobre a creación artística na Galicia de hoxe dende diversas perspectivas: a creación e a produción, mais tamén a difusión, a comunicación e, acaso de xeito especial, as distintas formas de organización (mesmo institucional) que a creación artística presenta nos nosos días, dende o política de museos e os departamentos universitarios á crítica especializada". Esta é a perspectiva coa que se presenta o número 208 da revista Grial. A publicación de Galaxia foi nesta ocasión coordinada por Agar Lego, e inclúe artigos de autores como Manuel Segade, Natalia Poncela, Chus Martínez ou Suso Fandiño entre outros. Ademais, na sección Documentos preséntase unha escolma da correspondencia entre Ramón Piñeiro e Marina Mayoral. No número tamén se pode atopar un artigo de Henrique Monteagudo sobre a estancia de Castelao en Bos Aires ou un texto de Xosé Manuel Dasilva sobre a recuperación do texto orixinal de La parranda, entre outros contidos.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: GRIAL 238

Quiosco: GRIAL 238

A publicación celebra o seu 60 aniversario poñendo o foco no contexto da súa creación en 1963

Quiosco: Grial 191

Quiosco: Grial 191

Os 40 anos do ILG protagonizan a última entrega da revista de Galaxia

Quiosco: Grial 184

Quiosco: Grial 184

A revista presenta en Ourense o seu número dedicado ao aniversario de A esmorga

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grial, Suso Fandiño, Marina Mayoral, Manuel Segade...