Quiosco: Grial 184

A revista presenta en Ourense o seu número dedicado ao aniversario de A esmorga

2/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: quiosco
21 lecturas | Compartido 0 veces

Capa de Grial 184

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle ás oito desta tarde a presentación do número 184 da revista Grial, dedicado nesta ocasión aos 50 anos de A esmorga de Eduardo Blanco Amor. O volume, correspondente ao último trimestre de 2009, achega diferentes artigos sobre esta obra, ademais dunha entrevista con Andrés Torres Queiruga ou unha mostra da correspondencia entre Ramón Piñeiro e Xavier Alcalá. Canda a isto, poden lerse textos encol da relación de Galicia cos países lusófonos e as habituais seccións de crítica literaria e creación entre outros contidos.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

24/01/2012

Quiosco: Grial 192

A publicación de Galaxia fecha o ano Cunqueiro cun número centrado no autor mindoniense

16/01/2013

Quiosco: Grial 196

O volume, centrado no décimo cabodano de Carlos Casares, preséntase hoxe en Ourense

16/11/2018

Quiosco: Ligeia 2

A revista literaria presenta unha selección de 27 poetas latinoamericanos na súa segunda entrega

11/06/2010

Quiosco: A xanela 29

A Revista Cultural das Mariñas dedícalle a Uxío Novoneyra grande parte dos seus contidos

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados