Quiosco: Grial 192

A publicación de Galaxia fecha o ano Cunqueiro cun número centrado no autor mindoniense

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Capa de Grial 192

Capa de Grial 192

A editorial Galaxia ten xa na rúa o número 192 da revista Grial, correspondente ao derradeiro trimestre de 2011. O volume, centrado nas celebracións do Ano Cunqueiro, recolle múltiples contidos arredor do escritor mindoniense. Poemas inéditos anteriores a 1933, artigos de fondos sobre diferentes aspectos do autor a cargo de Manuel Forcadela, María Liñeira, Xosé Manuel Dasilva, Fernando Valls e César Cunqueiro, así como a última entrevista que concedeu o autor antes de morrer son algunhas das propostas que se poden atopar nas páxinas da publicación. Canda a isto, mantéñense as seccións habituais e cóntanse con artigos como o de Miroslav Hrosck sobre a vixencia das nacións en Europa ou un achegamento á figura de Ernesto Guerra da Cal da man de Xavier Alcalá.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Grial 184

Quiosco: Grial 184

A revista presenta en Ourense o seu número dedicado ao aniversario de A esmorga

Quiosco: Grial

Quiosco: Grial

A memoria de Anxo Rei Ballesteros protagoniza o número 183 da publicación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grial, Xavier Alcalá, César Cunqueiro, Xosé Manuel Dasilva...