Galaxia compila o Cunqueiro articulista

O mundo que teño de meu sairá o vindeiro mes de marzo

19/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

Capa de O mundo que teño de meu

Por vez primeira, os artigos que publicou Álvaro Cunqueiro en galego serán compilados nun libro. A editorial Galaxia anuncia para o vindeiro mes de marzo a edición de O mundo que teño de meu, unha obra que recolle textos desde antes da guerra, publicados en revistas como Vallibria e Nós ou no xornal El Pueblo Gallego ata colaboracións e cabeceiras como A Nosa Terra ou Grial. O proxecto, compilado por Xosé-Henrique Costas e Iago Castro Buerger, contará cun segundo volume dedicado integramente aos artigos do mindoniense no Faro de Vigo.

Do mesmo ámbito

24/01/2012

Quiosco: Grial 192

A publicación de Galaxia fecha o ano Cunqueiro cun número centrado no autor mindoniense

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Guerra, Grial, A Nosa Terra...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares