Nace Lermos.gal, "o punto de encontro da literatura en galego"

O novo web pretende divulgar as nosas letras a aproveitar as redes sociais

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Nace Lermos.gal, "o punto de encontro da literatura en galego"

Xosé Duncan, Alex Bayorti e Martinho Terrafria, son os responsables de Lermos.gal, un web que acaba de abrir hoxe e que se presenta como "o punto de encontro da literatura en galego". O proxecto, que se define como unha revista en liña dedicada ao mundo das letras na nosa lingua pretende "informar e divulgar de xeito programado e ordenado sobre os acontecementos literarios máis sobranceiros, as últimas novidades editoriais e todos aqueles temas que sexan susceptíbeis de se converter en noticia". Reportaxes, entrevistas, unha axenda de eventos e novidades editoriais fan parte desta nova canle, que nace "cunha clara vocación de cara ás redes sociais, a través das que traballaremos pola difusión dos contidos literarios na nosa lingua". A iniciativa anúnciase como aberta a achegas e colaboracións de todos os interesados.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Xosé Duncan

Claves

Protagonistas
Conceptos