Músicas para a Semente achega a tradición aos máis novos

Cinco cantereiras participan no álbum editado por Semente Trasancos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Músicas para a Semente achega a tradición aos máis novos

Con vistas a conseguir fondos para creación do seu espazo educativo en galego, Semente Trasancos presentaba este pasado mes de decembro Músicas para a Semente. Cinco cantareiras da comarca e catro músicos, con Alberte Maceiras na dirección musical participan nun álbum que achega unha selección de temas da tradición de Galicia e de Portugal para os máis novos. En total son dez cancións entre arrolos, cancións de Nadal e cantigas nas que predomina o acompañamento tradicional, aínda que non faltan instrumentos como o saxo tenor ou o ukelele. O álbum está a venda en distintos establecementos de Ferrol, Narón, Lugo, Compostela ou Vigo.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Semente, Nadal, Narón, Portugal...

Claves

Entidades
Conceptos