Falece Sabela Labraña, voz da lingua galega en Barcelona

A profesora coordinou o proxecto Galauda de ensino da nosa lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Sabela Labraña Barrero. Fotografía de Adrián Estévez. Fonte: Galipedia.

Sabela Labraña Barrero. Fotografía de Adrián Estévez. Fonte: Galipedia.

Profesora da Universidade de Barcelona, doutora en lingüística e, durante anos, coordinadora do proxecto Galauda. A filóloga Sabela Labraña falecía na Cidade Condal este sábado, segundo recolle El Correo Gallego. A investigadora e autora de diferentes libros e material na nosa lingua coordinou o proxecto Galauda, que promovía a aprendizaxe da lingua e da literatura galega en centros de ensino secundario de Cataluña. Boa parte das súas investigacións estiveron centradas na análise da convivencia de linguas nun mesmo territorio, e entre outras cuestións abordou a lingua e a percepción da identidade dos cataláns de orixe galega. Ademais, realizou diferentes traballos arredor da fonética da nosa lingua. Labraña recibira o pasado mes de xuño unha homenaxe na Universidade de Barcelona con motivo da súa xubilación.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, Sabela, Ensino, Lingua galega...

Claves

Protagonistas
Entidades