O catalizador une galego e catalán na BD

O fanzine preséntase no Saló del Còmic de Barcelona

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O catalizador une galego e catalán na BD

O proxecto Galauda é unha iniciativa que coordina as clases de galego que se imparten en diferentes institutos de ensino secundario de Cataluña e que contan con máis de 120 alumnos. Dentro desta iniciativa, no vindeiro Saló del Cómic de Barcelona preséntase, con posto propio, O catalizador, un fanzine que reúne traballos deses alumnos cos de estudantes galegos de catalán. Segundo explica Baranga "a idea é buscar conexións entre os rapaces cataláns e os galegos, e a BD é unha ferramenta estupenda para traballar con eles". O nome "xorde de xuntar Catalunya+Galiza, ao tempo quere transmitir esa idea de punto de encontro". Polo momento, a iniciativa ten intención de continuar, e material non lles falta. "temos xa historias como para tirar outro fanzine", completa o coordinador.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Saló del Còmic de Barcelona, Cómic, Catalunya, Cataluña...