De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de NÓS ao cabo do mundo é o tÃtulo da obra coa que Santiago Lamas e Alfonso Mato gañaban esta mañá o XV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. Na mesma, os autores analizan a viaxe que realizaron en 1927 Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey a Santo André de Teixido. O galardón, que convoca a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica e a editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa, está dotado con 3.000 euros e inclúe a publicación da obra da man de Galaxia.
Segundo explica a nota de presentación da editoral, "os autores desenvolven unha reflexión profunda e suxerente sobre o significado cultural das viaxes, sobre a relación entre camiño e literatura, movemento e lectura. O texto dialoga desde a actualidade cunha Galicia europea de inicios do século XX, mediante un estilo aberto e rico que, de xeito ameno, nos interroga sobre os grandes desafÃos da Galicia de hoxe". Nesta décimoquinta edición presentaronse unicamente catro orixinais, dos cales o xurado destacou a calidade e a variedade dos temas tratados.
O xurado, que concedeu o premio por unanimidade, estivo composto por LuÃs Alonso Girgado, Lourenzo Fernández Prieto, MarÃa López Sández, Dolores Vilavedra e Carlos Lema, que actuaou como secretario con voz e voto.