Hai vintecinco anos chegaba a Galicia de vacacións Dorothé Schubarth. Alguén lle falara da riqueza do noso folclore, sen esquecer referirlle a pobreza característica do noso país. A viaxeira era autora de destacados traballos sobre a música popular europea e, movida pola vocación, en chegando, comezou a buscar as escasas recompilacións que existían no noso país sobre o tema. Ante esa insuficiencia, non o dubidou e comezou un traballo de colleita que se iría ampliando e enleando ata dar lugar, seis anos máis tarde, á publicación do "Cancioneiro Popular Galego", a máis importante recompilación do noso folclore musical.
Dorothé Schubarth desempeñaba desde 1971 a cátedra de harmonía e contrapunto na Academia de Música de Lucerna, en Suíza. Desde este posto desenvolvera unha intensa tarefa de investigación da música popular europea, dedicándose especialmente á zona dos Balcáns e do Cáucaso, así coma aos cancioneiros de Alemaña e de Francia. A partir deste material elaborou o volume O Canto Popular en Europa, que analizaba as formas que adoptaba a música do pobo ao longo do continente, e que foi publicado en 1978. Nese mesmo ano, durante as súas vacacións, a profesora Schubarth visitou España, onde alguén lle indicou que en Galicia había un folclore moi rico e que era un país moi atrasado e que aquí se podía traballar, lembra. E acó chegou. Seguindo a súa vocación, comezou a súa colleita segundo entrou no país, polo Cebreiro. Os seus coñecementos sobre a cultura musical galega e sobre a nosa lingua eran mínimos, e axiña se fixo evidente que precisaba de alguén para comprender os temas e transcribilos, e deste xeito entrou en contacto con Antón Santamarina, catedrático de Filoloxía Galega en Santiago de Compostela.
Pasos non dados
Xuntos comezaron un traballo de pescuda nos cancioneiros daquela editados no país, centrados no aspecto literario dos cantos e que non recollían a música, unha situación moi diferente da que Dorothé coñecera noutros países coma Alemaña. Alá xa estaba en plena marcha todo o proceso de recollida e aquí practicamente había que comezar desde cero, pero xusto por iso era interesante, porque non é tan apaixonante andar detrás dos pasos de outros. Por primeira vez, unha musicóloga emprendía a titánica tarefa de recoller o material do Cancioneiro Popular Galego, aplicándolle un método científico á clasificación e estudio dos temas.
Organizando o traballo
Deste xeito, coa axuda intelectual de diferentes persoeiros da cultura do país, a profesora Schubarth iniciou o seu traballo sen ningún tipo de apoio económico. Sucesivas solicitudes á nacente Xunta e a unha das principais institucións de mecenado da época, a Fundación Barrié foron denegadas. A situación cambiou finalmente, gracias ás xestións de Santamarina. Un informe de Filgueira Valverde sobre o traballo que estaba a realizar Dorothé permitiu que desde a Barrié lle pasasen unha pequena axuda e se comprometesen a editar a obra, lembra o filólogo. Unha axuda coa que a profesora viviu durante os cinco anos que durou o seu traballo, aínda que os dous últimos xa non foron tan intensos porque traballamos xa no estudio sobre o material recollido. De calquera xeito, intensidade non se lle pode negar. Oitenta e dous concellos da Autonomía e trece máis situados na zonas galegofalantes limítrofes foron visitados por Schubarth, que se iniciaba no galego a través dunha gramática de Carvalho Calero atopada nunha biblioteca. De calquera xeito recoñece que había moitas ocasións en que non entendía o que lle estaban dicindo. Se non se entende hai que botar man da sensibilidade, dicir que si ou que non, é un comportamento que aprendes.
De visita pola aldea
As visitas de Dorothé ás diferentes aldeas viñan determinadas polas orientacións que recibía de profesores, filólogos, afeccionados ao noso folclore ou mesmo grupos coma Fuxan os Ventos, que lle sinalaban onde podía atopar bos informantes. Ás veces había un veciño ou alguén dun colexio que axudaba en cada aldea. Outras veces fun soa preguntando, ou tiña un enderezo... realmente é mellor ir soa porque é máis fácil entrar en contacto coa xente, sinala a profesora Schubarth. A xente era moi hospitalaria e recoñece que axudou moito a curiosidade tamén, aínda que algúns non colaboraban, ás veces había medo a que puidese pasar algo, a que lles roubasen.
O producto
Como froito de todo este traballo, a profesora reuniu arredor de 5000 letras diferentes que transcribiu Santamarina e que se viron obrigados a clasificar dalgún xeito. Seguindo os criterios empregados en Europa, realizaron unha organización temática das letras: cantos de oficios e labores, festas anuais, romances tradicionais, romances novos e outros cantos narrativos e dialogados, e, finalmente coplas diversas e cantos enumerativos. A esta grande clasificación temática acompañábaa unha ordenación da música segundo o seu xénero e atendendo a criterios coma o ritmo ou a cadencia.
Todo este material quedou distribuído en sete volumes, seis dos cales están divididos en dous tomos, un recollendo as melodías e outro que recompila as letras. Un sétimo tomo dedícase unicamente a táboas sinópticas e índices, o que dá unha idea da complexidade do traballo. Abondosas notas sobre o lugar e xeito da recollida de cada tema, indicacións e identificacións dos informantes, mesmo mapas e fotografías, acompañan as partituras e os textos nun traballo exhaustivo que, desde que comezou a súa edición en 1984 converteuse inmediatamente na biblia da música popular galega. E todo iso sen contar as cintas de audio que acompañaban os libros, un formato pioneiro nos estudios musicais do país.
A importancia e o futuro
Ademais do cancioneiro, o traballo de Schubarth e de Santamarina deu lugar tamén a dúas escolmas de cantigas editadas respectivamente pola Fundación Barrié e por Galaxia ademais dun traballo en que a profesora analiza as semellanzas entre o noso legado musical e o europeo. Co seu traballo, a musicóloga suíza situou a nosa tradición musical á altura das de todo o continente, desbotando clasificacións anteriores que non se correspondían coa realidade que observou. Segundo a musicóloga, sempre podes atopar máis temas que os que temos recollidos, o que non acontece é que aparezan novas formas, aínda que pode haber algunha peza boa que eu non atopei. Neste mesmo sentido maniféstase Antón Santamarina, sempre queda algo por facer e aparecen cousas novas, en calquera caso na súa maioría son variacións sobre o que xa temos recollido. Logo de realizar este inmenso traballo, ningún dos seus dous autores continuou traballando sobre a música galega. Dorothé incorporouse ao seu posto de profesora de Musicoloxía en Lucerna e Santamarina continuou o seu traballo de filólogo realizando abondosas achegas ao noso idioma. A profesora Schubarth valora o traballo de recollida que a día de hoxe seguen facendo afeccionados e agrupacións musicais, hai xente nova que se forma e buscan un xeito de continuar ou de reanimar estas tradicións, pero está claro que non pode ser o mesmo. Se lles serve de algo este traballo, e poden aprender algo, pois ben. Deste xeito continuou vindo por Galicia despois de rematar o cancioneiro para falar da súa experiencia. A súa última visita foi en marzo do ano 2003 para impartir unha conferencia sobre a evolución dos estudios sobre música tradicional no Consello da Cultura Galega. Sen embargo, é pesimista sobre o futuro da tradición musical. Existe moito material pero ninguén que traballe nel, e tendo en conta que os seus protagonistas van morrendo, o estudio da música tradicional tamén morre con eles, xa non ten futuro. Isto é normal, tamén acontece noutros países.