Un estudo galego sobre xenética entra na elite da arqueoloxía mundial

A revista Archaeology salienta o traballo de Antonio Salas en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

É unha investigación da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, pero está destacada entre os dez estudos máis destacados do ano no campo da arqueoloxía. A análise xenética que o investigador Antonio Salas en colaboración con especialistas das universidades de Oxford, Copenhague, Stanford e Leiden permitiu botar luz sobre o tráfico de escravos de hai tres séculos. En concreto, o estudo analizou o xenoma dos restos de tres individuos atopados na illa caribeña de San Martín, amosou as súas orixes e achegou datos sobre "o proceso de configuración das comunidades afroamericanas e como puideron sobrevivir as culturas africanas no continente americano despois da súa chegada ao novo mundo", segundo sinala o propio Salas. A prestixiosa revista americana Archaeology apunta este traballo como un dos dez principais achados no mundo arqueolóxicos de 2015.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía, Medicina, Santiago de Compostela

Claves