Ángel Carracedo leva o Premio Nacional de Genética

O investigador galego recolle hoxe en Córdoba o galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

A Sociedade Española de Xenética entrega hoxe en Córdoba os Premios Nacionais de Xenética. Estes galardóns, considerados os máis importantes do seu campo a nivel estatal, recoñeceron este ano o traballo dun investigador galego. Ángel Carracedo, que desenvolve o seu labor no grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago fíxose co Premio Nacional na categoría de Aplicacións da Xenética. A Sociedade, en concreto, considera especialmente relevantes "o seu labor pioneiro no desenvolvemento de novas tecnoloxías para a identificación forense baseadas na xenética molecular" e lembra tamén "as súas contribucións á oncoloxía clínica e ao establecemento das bases moleculares de varias enfermidades mentais e vasculares".

O investigador suma unha destacada carreira de recoñecementos que inclúe a Medalla de Galicia, o premio Peña Novo ou o Nóvoa Santos entre moitos outros. O galardón que agora recibe está dotado con 4.000 euros.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Córdoba, Medicina

Claves

Conceptos
Lugares