Nos últimos anos, as fronteiras cronolóxicas da arqueoloxÃa estanse a expandir, incorporando novas cronoloxÃas, coma o pasado da guerra civil, e mesmo novas tipoloxÃas, como poden ser os prostÃbulos. Os arqueólogos Xurxo Ayán e Carlos Otero veñen de publicar no último número da prestixiosa revista cientÃfica World Archaeology o traballo "Microhistorias dun castigo invisible. Por unha arqueoloxÃa da explotación sexual en España", na que documentan diferentes burdeis abandonados no contorno de cidades galegas como Lugo ou da estrada Nacional VI. Ayán e Otero estudan burdeis abandonados para comprender a estrutura da explotación, as fases de auxe do negocio da prostitución de estrada e as súas transformacións derivadas dos propios cambios na economÃa e na sociedade española.