A clave de como contar cal é e miña motivación deuma Javier Grela, un egresado da primeira promoción do Máster en EnxeñarÃa Matemática da Universidade de Santiago de Compostela, cando participou este ano, representando o Centro Tecnolóxico AIMEN, na actividade formativa do Taller de Problemas Industriais (TPI) do actual Máster en Matemática Industrial (M2i). Propúxonos que en lugar de Problemas industriais lle chamásemos Retos Industriais. O nome dunha actividade formativa ten un rexistro é non é doado cambialoÂ… pero Javier deu na clave: o que nos gusta é o reto! Para os profesionais das matemáticas máis que problemas, coas connotacións negativas que ten esta palabra, co que gozamos é co reto, e no camiño para achar a solución. Penso que esta motivación é compartida, tamén fóra do contexto das matemáticas.
Que gocemos cos retos das matemáticas pode parecer un gozo interno, xa que non contamos suficientemente as conexión das matemáticas con outras áreas e as súas aplicacións. Cando tiven que elixir carreira dubidei moito entre FÃsica e Matemáticas, penso que as aplicacións que vÃa na fÃsica pesaban moito, e eu tampouco coñecÃa as aplicacións das matemáticas. Finalmente, decidinme por Matemáticas e o que levo facendo todos estos anos no Departamento de Matemática Aplicada da USC permitiume coñecer o abano das aplicacións pola gran implicación do Departamento na transferencia do coñecemento.
As ferramentas que desenvolvemos coa simulación numérica podemos aplicalas a modelos diferentes que teñen o mesmo ADN matemático, se me permiten a licenza. Con diferentes colaboradores temos traballado no reto da simulación de correntes de marea, motivado inicialmente polas nosas rÃas galegas, e que agora se aplica en moitas rexións do mundo. As mesmas ferramentas estamos a aplicalas para simular o fluxo en veas e arterias, para modelar o fluxo do tráfico e tamén para o fluxo da rede de gas. Para algunhas destas aplicacións adaptamos os programas informáticos para que os nenos e nenas do Programa do EstÃmulo do Talento Matemático (Estalmat-Galicia) gocen e entendan estas aplicacións.
Rematerei poñendo música e compartindo o que desfrutamos cando este ano, entre máis de 50 retos no TPI, o artesán estradense Nacho Porto nos presentou os seus altafalantes cerámicos e retounos a optimizar as formas para mellorar a acústica dos mesmos. A presencia dos seus deseños deulle ó T do taller do TPI máis autenticidade e a tradución ás matemáticas, do reto de Nacho Porto, fÃxoa o compañeiro da Universidade da Coruña, Andrés Prieto. Con el comparto as sesións de Estalmat, nas que consegue que os nenos e nenas entendan se certas gráficas soan graves ou agudas! Andrés conségueo polo ben que explica, e xa que as matemáticas e a música teñen tamén un ADN común. Asemade, moitos dos nenos e nenas que participan no programa gozan tamén coa música e con outras disciplinas, linguas e actividades deportivas.
As persoas que gozamos cos retos das matemáticas temos un mundo sen fronteiras de colaboracións e debemos facelo partÃcipe con máis frecuencia. Grazas a Setestrelo por permitirme compartilo!

Escrito por Elena Vázquez Cendón
Profesora do Departamento de Matemática Aplicada da USC.