O CGAC amosa unha retrospectiva de Luís González Palma

Constelacións do intanxible pode verse ata o vindeiro 13 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O CGAC amosa unha retrospectiva de Luís González Palma

Un repaso pola produción do artista guatelmateco Luís González Palma é a nova proposta do CGAC para este inverno. O pasado 27 de novembro o centro compostelán abría Constelacións do intanxeible, unha retrospectiva comisariada por Alejandro Castellote e organizada pola Fundación Telefónica. Na mesma, o retrato fotográfico "con persistentes ecos á pintura relixiosa, ao barroco e ao prerrafaelismo" é a forma predilecta para tratar temas recorrentes na produción do artista como a memoria, a introspección, a intimidade, a reflexión sobre o poder e a representación do non visible. Unha tensión constante entre figuración e abstracción e o emprego de códigos tomados de diferentes expresións artísticas caracterizan os traballos expostos, que se poden ver ata o vindeiro 13 de marzo.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barroco, Fundación Telefónica, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)