Quiosco: Grial 207

Xaime Isla Couto protagoniza a nova capa da publicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Quiosco: Grial 207

Está a chegar aos andeis a entrega 207 de Grial que se presenta como "un número homenaxe a quen foi un dos máis ambiciosos e xenerosos estrategos do grupo que conformou a plataforma cultural de resistencia máis significativa durante a ditadura, e sementou a esperanza en varias xeracións". Artigos de Antón Costa, Xosé Manuel Beiras, Xosé Luís Franco Grande, Xavier Martínez Cobas, Xosé Luis Pastoriza, Marcelino Agis Villaverde, Alba Iglesias Varela ou Francisco Domínguez abordan a poliédrica figura deste galeguista. Ademais, nas páxinas do novo Grial pode lerse unha conversa inédita do propio Isla Couto con Damián Villalaín e dous textos inéditos da súa autoría.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Grial

Quiosco: Grial

A memoria de Anxo Rei Ballesteros protagoniza o número 183 da publicación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grial, Xaime Isla Couto, Xosé Luís Franco Grande, Manuel Beiras...