O proxecto Costa dos Castros completa a súa campaña de crowdfunding internacional

Financiarán proxectos arqueolóxicos e medioambientais

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O proxecto Costa dos Castros, promovido polas Comunidades de Montes de Oia, acaba de conseguir un novo fito. Promoveron un crowdfunding internacional en colaboración coa empresa británica DigVentures para a recuperación de varios espazos arqueolóxicos e de valor medioambiental e acadaron o financiamento a partir das achegas de ducias de persoas de todo o mundo: 7500 libras. O diñeiro vai destinado á escavación de Chavella, á limpeza e protección do petróglifo do Auga dos Cebros -o famoso conxunto que representa un barco mediterráeno- e ao arboreto de Mougás, pero tamén contarán coas achegas económicas das comunidades de montes. A recuperación do petróglifos será par a primavera do ano que vén e o arboreto será prantado entre finais deste mes ou decembro, en colaboración cos escolares da zona.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oia

Claves

Lugares