Ourense acolle I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia

Celebrarase o 20 de novembro durante o OUFF

O vindeiro mércores 4 péchase o prazo para as compañías que queren solicitar participar I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia, amparado polo Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal (ICA) e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia terá lugar o venres 20 de novembro, a partir das 10.00 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. As produtoras que acudan con proxectos en fase de desenvolvemento terán a oportunidade de facer unha presentación pública na sesión de 'pitching' coa que arrancará o evento. A continuación, darán comezo as roldas de reunións bilaterais entre compañías galegas e portuguesas, previamente concertadas pola organización.

As empresas interesadas en participar neste foro bilateral de coprodución deben remitir ao correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.es antes do vindeiro xoves día 5 o formulario de inscrición, dispoñible para a súa descraga desde a sección de avisos do web www.agadic.info.