Dous temas tradicionais galegos, tres de Portugal, da autorÃa de Vitorino, Zeca Afonso e Amália RodrÃguez, un do brasileiro Chico César e outro do cubano Silvio RodrÃguez. Esta é a aposta que fai o dúo Falúa para presentar o seu primeiro e homónimo disco. O dúo composto pola vocalista Sara de Sousa e Gom de Abadin á guitarra autoeditou o álbum e está a desenvolver unha serie de concertos por todo o paÃs para dar a coñecer o seu proxecto.