Unha homenaxe musical á Xeración Nós e ás Irmandades da Fala é a nova proposta do dúo 2nafronteira. Carmen Penim e Maurizio Polsinelli acaban de lanzar Sons de Nós un volume no que musican trece poemas publicados orixinalmente na revista Nós. Francia Herrera, Blanco Amor, Pepe Velo, LuÃs Bernárdez, Bouza Brey, Carvalho Calero ou Otero Pedrayo son algúns dos autores aos que se achegou o dúo en temas como Pra facer un feitizo, Gándara, Torre do Oeste ou Na cova de RosalÃa. Para este traballo, o dúo engadiu á súa instrumentación tradicional de piano e de harmonio colaboracións que integran baterÃa, contrabaixo, zanfona ou violÃn aos seus sons. O Liceo de Ourense acollerá a presentación deste novo álbum cun concerto o vindeiro 30 de outubro.