2naFronteira musican poemas en Alma

O segundo volume do dúo achégase principalmente a textos de autores galegos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
2naFronteira musican poemas en Alma

Textos de Paz Andrade, Lorca, Curros Enríquez, Manuel Rivas, Pessoa, Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro atópanse en Alma o segundo disco de 2naFronteira. O dúo composto por Carmen Penim e o pianista Maurizio Polsinelli versionan con sons clásicos e ritmos tirados da tradición textos destes autores. O dúo está a presentar o álbum, editado por Inquedanzas Sonoras, en diferentes lugares do país. Para o vindeiro 21 de novembro está prevista a súa actuación na libraría viguesa Andel e o día 30 darán un recital no Liceo de Ourense.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Lorca, Manuel Rivas, Celso Emilio Ferreiro...