Carmen Penim canta sobre a represión en Herdeiras

O libro-CD preséntase este sábado 23 de setembro no Teatro Principal de Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Carmen Penim canta sobre a represión en Herdeiras

Un libro-CD con poemas musiados e un audiovisual no que se aborda a represión franquista en Galicia. Esta é a proposta de Herdeiras o proxecto que Carmen Penim, voz do dúo 2nafronteira, presenta este sábado 23 de setembro no Teatro Principal de Compostela. O álbum conta con música de Penim sobre poemas de Helena Villar, Carmen Blanco, Eva Veiga, Marga do Val e Marta Dacosta, e inclúe varios artigos e a curtametraxe Bucle de Margarita Ledo. Financiado mediante crowdfunding, Herdeiras "fala de muller e dereitos, fala da construción da identidade, da visibilización, do sentido de herdanza, recuperando historias de mulleres resistentes e solidarias, represaliadas ás veces só por ter loitado por dereitos que hoxe consideramos obvios. E fala de memoria, porque o esquecemento non trae a paz serena que queremos, porque non nos queremos repetir e queremos sentirnos orgullosas de ser netas e fillas de mulleres fortes e dignas", segundo explica a presentación do álbum.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Mulleres, Marta Dacosta, Eva Veiga...