Falar sen cancelas preséntase no FIOT

Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei únense na montaxe que dirixe Diego Rey

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo acolle este domingo 11 a estrea de Falar sen cancelas. Esta "comedia pesimista" de "humor galego apocalíptico" une os actores Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei baixo a dirección de Diego Rey. O argumento arrinca cando os tres protagonistas descobren un andazo que está a acabar coa galeguidade e que lles impide falar galego en público. Na busca dun antídoto, buscan recoller mostras dos mellores especímenes galegos e artellan un argumento no que non faltan improvisacións e monólogos.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diego Rey, Pedro Brandariz, FIOT, Comedia...