Talía Teatro desmonta os roles de xénero en Rosa Caramelo

O Salón Teatro de Compostela acolle dúas funcións desta obra infantil

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Talía Teatro desmonta os roles de xénero en Rosa Caramelo

Catro textos da autora italiana Adela Turín mestúranse no novo espectáculo de Talía Teatro. O Salón Teatro de Compostela acollía esta mañá a presentación de Rosa Caramelo e outras historias, un espectáculo que dirixe Paula Carballeira e na que o actor Artur Trillo estará acompañado en escena polo músico Fernando Fraga. O espectáculo parte da historia de Margarita unha elefanta que non se axeita á normalidade do seu grupo para desmontar roles e estereotipos de xénero e traballar para os máis novos "ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes."

A estrea da montaxe será este venres 3 de outubro no Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde tamén se poderá ver o día 4. Boiro será a seguinte paraxe do espectáculo, o vindeiro día 23.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A vida....é así

A vida....é así

Matrioskha Teatro debuta cun espectáculo sobre o tempo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Espectáculo, Xénero, Talía Teatro...