As XIV Xornadas de Banda Deseñada de Ourense (4 a 11 de outubro 2002) volverán contar cun ciclo de cinema relacionando a sétima e a novena arte.
As XIV Xornadas de Banda Deseñada de Ourense (4 a 11 de outubro 2002) volverán contar cun ciclo de cinema relacionando a sétima e a novena arte, unha inciativa que segue a ser senlleira nos salóns dedicados ao cómic en toda o Estado. Novamente coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo, ofreceranse dúas pelÃculas en longametraxe que serán estrea na cidade de Ourense: Metropolis, de Rin Tarô, e Ghost World, de Terry Zwigoff.
Metropolis (Xapón, 2001)
Está directamente inspirada na BD homónima de Osamu Tezuka (1928-1989), animador e debuxante, considerado o pai do cómic xaponés (seus son os cómics Adolf ou Black Jack, e a serie de animación Astro Boy, por exemplo). Para adaptala á gran pantalla contouse co guión doutro dos mestres do manga, Katsuhiro Otomo, internacionalmente afamado pola súa serie Akira, levada logo ao cinema. Metropolis é unha grande superproducción, que constitúe toda unha homenaxe á pelÃcula de Fritz Lang, pero non queda só niso. En palabras do crÃtico M. Torreiro no diario El PaÃs, «por esa beleza frÃa, en ocasións sobrecolledora; pola súa magnética capacidade para repropor o sempre candente enfrontamento entre liberdade e totalitarismo, e pola destreza no dominio técnico da materia narrativa, Metropolis está chamada a ser unha das pelÃculas máis influentes da animación nos próximos anos».
Ghost World (Reino Unido-EE UU, 2001)
Trátase da adaptación do cómic do mesmo tÃtulo (publicado en España por Ediciones La Cúpula) escrito e debuxado polo independente Daniel Clowes, que tamén asina o guión adaptado xunto co director da fita, Terry Zwigoff. Este traballo serviulles para seren nomeados na categorÃa de mellor guión adaptado na última edición dos Oscar. Zwigoff é coñecido pola súa anterior pelÃcula, o documental El mundo de Robert Crumb (tamén proxectado nas Xornadas hai uns anos); esta é a súa primeira incursión na longametraxe de ficción, e para ela contou coa producción de John Malkovich e as actuacións de Thora Birch (American Beauty), Scarlett Johansson (El hombre que nunca estuvo allÃ) e Steve Buscemi (El Gran Lebowski, FargoÂ…). Os premios obtidos (en todo EE UU e tamén en Deauville e Karlovy Vary) confirman que esta pelÃcula é unha das máis interesantes que ten dado o cinema independente americano nos últimos anos.